Radicalmente online – Activismo en redes sociais

CIP26Obradoiro

Este obradoiro de activismo creativo é unha aceleradora de proxectos activistas, impartido por Marina G. Canedo, creadora e estratega de teta&teta e referente en comunicación política e cultura dixital.

Analizaremos como funcionan hoxe a cultura, os medios de comunicación e o discurso político na era do scroll sen fin, identificando cando a comunicación con propósito xera transformación e cando é simplemente maquillaxe, greenwashing, pinkwashing ou activismo performativo.

Exploraremos como deseñar estratexias que produzan conversa e movemento reais, non só alcance ou contido para subirse a “o que toca”. Este obradoiro invítanos a converternos en axentes de cambio, capaces de ler, pensar e activar cuestións sociais máis alá da estética do propósito.

Porque un mundo limitado á venda de produtos é, ademais de ser peor, moito máis aburrido.

María G. Canedo