O Carballo Interplay viviu o venres unha das xornadas máis emocionantes da XII edición, que ten lugar estes días no Mercado de Carballo. Unha xornada de encontro entre a comunidade de creadores e creadoras galegas, que protagonizou o estadounidense Andy Chichester, e un día de risas con un dos shows máis agardados polo público, “Rajando con… Facu Díaz e Miguel Maldonado” quenes encheron o Mercado coa súa habitual dose de humor e sátira.
O venres comezou coa Zona Pro, un espazo no que se explorou o fenómeno do true crime, o seu formato, o estilo a ambientación, así como conflictos éticos, da man de dous proxectos galegos premiados pola iniciativa Radar Podcast Spotify. Participaron Coral do Rego e Álvaro Freijo, do podcast “Sofá, manta y crimen”, Ana “Morellana” creadora de “La crónica oscura” e Jesús Carbón, responsable de partnerships con creadores, medios de comunicación e productoras de podcasts en Spotify España. Durante a mesa reflexionaron sobre a ética que aplican cando tratan os casos de crimes nos seus programas e as razóns polas que é un xénero que fascina a tanto público.
A seguinte mesa da Zona Pro protagonizouna o Celta de Vigo coa visita de parte do equipo de comunicación dixital do clube. A conversa tratou a súa estratexia de comunicación en redes sociais, a decisión de comunicar en lingua galega ou accións que se voveron virais como a colaboración con C. Tangana, así como momentos como o das artistas Fillas de Cassandra ou Abraham Cupeiro tocando en directo en Balaídos.
A VISITA DE ANDY CHICHESTER, UN DOS MOMENTOS MÁIS ESPECIAIS PARA OS CREADORES E CREADORAS DIXITAIS EN GALEGO
Pechou a mañá o podcast O Faiado, programa galego en tendencia gañador do pitching a mellor proxecto dixital en galego (na categoría de canle) da última edición do Interplay. Neste programa especial conversaron con con Javier Ferreiro e Blanca Martínez, director e actriz de Mariliendre. Unha conversa sobre a inclusión do colectivo queer en proxectos audiovisuais ou sobre o propio termo “mariliendre” nunha conversa aberta e divertida que foi anticipo a estrea da propia serie pola tarde. Mariliendre, a serie de Atresmedia e Suma Content, fixo a súa preestrea galega no Carballo Interplay.
Durante a tarde os creadores e creadoras de contigo en galego tomaron o protagonismo. Os finalistas aos premios de Mellor Canle e Mellor Creador/a de creación dixital en galego presentaron os seus proxectos ante o xurado, demostrando a diversidade de contidos e formatos que ofrece a rede galega. Un dos momentos especiais foi o “Encontro con Andy Chichester” unha actividade na que Chichester, estadounidense neofalante, conversou co seu amigo, o actor Federico Pérez, sobre como conectou coa cultura e a lingua galega e a visión que ten da mesma. Chichester é un dos membros máis queridos da comunidade dixital galega de poder “desvirtualizalo” foi un momento moi esperado polos seus amigos dixitais.
FACU DÍAZ E MIGUEL MALDONADO ENCHERON DE RISA O MERCADO DE CARBALLO
Xa pola noite, Facu Díaz e Miguel Maldonado colleron os mandos da sección “Rajando con…”, clásica do Carballo Interplay. Neste show preparado para a ocasión mostraron o seu xenuino humor e conexión, con chistes marcados pola súa sátira política. O Mercado de Carballo encheuse para desfrutar desta actividade, unha das máis agardadas da programación.
Durante o venres o público tamén gozou das series da Sección Oficial, que nesta ocasión contaron con presencia dalgúns equipos das mesmas. A serie inglesa The littlest Hoglet contou con presentación e coloquio de parte do seu equipo, así como A Moza que Abortou e o Contou, gañadora a Mellor Produción de Contido Dixital na edición de 2023. Pecharon a xornada as series do bloque Series Golfas, as máis revolucionarias e gamberras desta edición do festival.