“Mariliendre” a serie musical do director galego Javier Ferreiro, producida por Los Javis, terá a súa preestrea en Galicia no Carballo Interplay

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay acollerá a preestrea en Galicia da serie musical Mariliendre, do director lucense Javier Ferreiro. A proxección será o venres 25 de abril ás 20:00 no Mercado de Carballo, con entrada de balde. Contará coa presencia do seu director e da actriz protagonista, Blanca Martínez

 

“Mariliendre” é unha serie musical orixinal de Atresplayer producida por Atresmedia TV en colaboración con Suma Content. Creada polo lucense Javier Ferreiro, verá a luz en Atresplayer o vindeiro 27 abril. Blanca Martínez é Meri Román, a protagonista da historia. Na serie, interpreta a unha raiña da noite gai de Madrid, pero de iso xa pasaron máis de 10 anos. Agora, aos 35, é unha diva destronada que vive atormentada polo seu pasado e aburrida no seu mediocre presente. Los Javis asinan a produción desta obra, que conta tamén no elenco con Omar Ayuso, Martin Urrutia, Carlos Gonzalez e Mariona Terés.

Javier Ferreiro e Blanca Martínez estarán tamén como convidados especiais no videopodcast O Faiado, que se gravará en directo ese mesmo día ás 13:00h. Este podcast foi gañador do pitching a mellor proxecto dixital en galego (na categoría de canle) da última edición do Interplay, e agora volve ao festival, xa consolidado, para facer un show en directo onde todo o mundo poderá disfrutar da vangarda do podcast en galego.