O Carballo Interplay vive o sábado a súa xornada máis social con conversas sobre a diversidade, o traballo ou o show da cómica Ana Polo sobre a crise da vivenda

O Carballo Interplay vivu o sábado a última xornada completa de programación, antes da entrega de premios do domingo. A sala do Mercado de Carballo transformouse nun lugar de pensamento en reflexión sobre como construir desde o colectivo unha sociedade diversa e igualitaria. Abriu a mañá o panel “Abajo el trabajo” con Juana Dolores, Puto Mikel e Christo Casas, quenes reflexionaron sobre como o traballo e a produción é o exio da vida das persoas na actualidade, como cambiar a sociedade para mellorala desde a organización colectiva e o papel das redes sociais para loitar contra os discursos de odio. Depois, para falar da loita antirracista e contra a xitanofobia e reflexionar sobre como os espazos de debate ignoran ou non integran a estos colectivos participaron no panel “Comunicar na diversidade”, Chaimaa Boukharsa, Lucía Mbomío, Voria Stefanovsky e “Guru” Jiménez, voces referentes no eido.

 

Durante a tarde chegou a Carballo un dos videopodcast máis en tendencia do panoramal estatal, Keep it cutre, un programa de conversas creado por Ángela Henche e Albanta San Román. O programa nace das súas charlas do día a día cunha gran dose de humor tocando temas relacionados co sentir da xeración millennial. Nesta XII edición, o escritor e guionista Bob Pop foi o encargado de recoller a testemuña da sección “Código Fonte Audiovisual” que titulou como “Ellas tenían razón”. O CFA é unha actividade do Carballo Interplay na que cada ano un convidado fai unha selección de fragmentos de obras audiovisuais que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo

 

A cómica Ana Polo foi a encargada de despedir o día no espectáculo “Aquí no hay quien viva” no que contou con Facu Díaz e Miguel Maldonado como convidados especiais. Nun formato similar ao programaEl Precio Justo”, Polo colleu o humor para darlle á volta á crise da vivenda facendo ao público partícipe dun espectáculo no que a competición foi acertar cal é o prezo da vivenda máis abusivo da comunidade. 

A proxección da Sección Oficial de series chegou ao seu fin e o público gozou do último bloque de series, que contou coa presentación e coloquio de parte do equipo de @amor, unha das series a competición. O Xurado Oficial formado por Bob Pop, Albanta San Román e Jorge Boquete decidirá os gañadores de este ano. O Xurado Novo, pola súa banda, outorgará tamén un premio e o público conta con voto para elexir á súa serie favorita.