Xoves 4 de abril

Mercado de Carballo

17:30

Non nos escondemos: queremos encher a rede de contido en galego. Queremos lelo, queremos velo e queremos escoitalo. E a verdade é que os creadores de contido sonoro en Galicia van polo bo camiño, só hai que botar unha ollada á oferta de Podgalego. Nesta edición do Interplay queremos poñer a proba ao Exército Mekemeke e vivir con eles un programa por primeira vez en directo e con público. Que, por certo, este ano está nominado a Mellor Podcast en Lingua Cooficial do Estado nos Premios Ondas!

Que nos contan de si mesmos o Exército Mekemeke? Ola parroquia! Somos o videopodcast galego que está conquistando toda Internet, unindo á xabaxeración, estamos a facer que cada día máis mekemekes se unan á nosa causa. Un programa presentado por Carlos Vieito que desbloquea cada semana todos eses bos recordos dos nenos e nenas dos 90s. Nunca ser dos malos, molou tanto!

Instagram: @exercitomekemeke | Twitter: @mekemekearmy | Tiktok: @exercitomekemeke