Todas as actividades son gratis e de acceso libre, agás 'Bimboficadas' e 'Pop y muerte", que requiren reserva de entrada
Sobrevivir en galego nas redes sociais
Crear contido en galego nas redes: unha idea consciente ou un acto de fe? Nesta conversa Prado Rúa e Konachadas falan de algoritmos, hate, oportunidades e de por que, a pesar de todo, seguen rosmando a base de virais. Unha hora para expoñer a pouca vergoña que lles queda e botar algún que outro rexoubeo.
Radicalmente online – Activismo en redes sociais
Este obradoiro de activismo creativo é unha aceleradora de proxectos activistas, impartido por Marina G. Canedo, creadora e estratega de teta&teta e referente en comunicación política e cultura dixital.
Pitching. Produción de contido dixital en galego.
Os finalistas deste premio para a creación de calquera tipo de contido dixital en galego que convoca o Concello de Carballo terán que defender as súas propostas diante dun xurado composto por Maite Parga (Técnica de Información e Turismo do Concello de Carballo), Sandra Lesta (equipo do Carballo Interplay) e Román Varela (gañador do premio da pasada edición por “Epidemia Invisible”. Os finalistas disporán de 10 minutos para defender o seu proxecto e agárdaos un premio de 3000€ para a produción da súa idea.
Proxección da serie infantil PIPO
Para crianzas entre 3 a 7 anos
Require inscrición previa en www.carballo.gal
Revista Clara Corbelhe #5: Soberanía dixital contra o poder algorítmico
SECCIÓN OFICIAL. BLOQUE 1
A Diwali Dilema
Greystanes
Lady Ada’s Secret Society. S2
Sam
Taste of arrival The journey of Hani Abbas
Funny Snails
El´sardines
Estrea da serie Epidemia Invisible
Estrea en primicia de “Epidemia Invisible” de Román Varela, a serie gañadora do premio a proxecto dixital en galego na pasada edición do festival. Presentaranse os tres primeiros capítulos e contaremos coa presenza do seu director, elenco e equipo da serie.
Isto non é ciencia ficción: IA e traballo en medios dixitais
Non se pode falar do dixital no ano 2026 sen falar da intelixencia artificial. O que hai apenas uns anos parecía ciencia ficción é agora o día a día de calquera persoa con acceso a internet. Estas novas ferramentas e modelos de linguaxe como Claude, ChatGPT, GeminAI, Grok ou Midjourney teñen tantos defensores como detractores.
O podcast en España: momento de ouro ou reinado da conversa?
No Carballo Interplay levamos moitos anos falando da industria do podcast, analizando as súas tendencias e convidando a creadoras e creadores. Nesta ocasión queremos entender mellor en que punto nos atopamos. Parece mentira falar de crise nun momento no que hai case máis podcasts que persoas, pero… que clase de podcasts se producen agora mesmo? Na era dos conversacionais, a miúdo levados a cabo por persoas famosas, cada vez hai menos proxectos de investigación, de análise ou mesmo de tipo narrativo. Grandes creacións como El gran apagón quedaron no pasado, estamos nunha era onde todos os podcasts son semellantes e a industria rara vez aposta polo traballo profundo e a creatividade. É así ou soamente unha percepción social porque se viralizan menos?
Novas voces: isto xa non vai só de contar cousas
Os novos medios teñen un reto claro: facerse un oco nun panorama cada vez mais amplo, loitando contra algoritmos que non sempre poñen as cousas fáciles.
Pitching. Creación dixital galega
O Carballo Interplay continúa non só impulsando, senón tamén premiando a creación de contido en galego para a rede con difusión Youtube, TikTok, Instagram ou calquera plataforma online. Sen de restrición de formato, temática, xénero, estilo, nin persoas destinatarias, sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén. Todos serán avaliados por un xurado integrado por Adrián Pérez (creador do proxecto dixital @salseologia), Andrea Villa (codirectora do festival e programadora de actividades), Sara Seco (gañadora do premio na pasada edición na categoría de creación).
SECCIÓN OFICIAL. BLOQUE 2
T rex
Alucinema
Eyes in the Woods
Dream Catchers
Respire Fort
Delirio Sketches
Sexo en Nueva York
A nostalxia é clave nestes tempos convulsos, e moita xente de internet escolleu refuxiarse nas súas series favoritas. É o caso de Raquel Piñeiro, xornalista e autora do libro Un país en la pantalla: España a través del cine y las series, e a sua amiga Patricia Blanco, profesora. Dúas pontevedresas que decidiron comezar un podcast no que analizarían, capítulo a capítulo, a serie Sexo en Nueva York. Nesta edicion do Carballo Interplay, contaremos con elas para que nos fagan un show especial en directo (algo que nunca sucedera ata agora en Galicia!) falando das aventuras de Carrie, Samantha, Charlotte e Miranda “con inesperadas referencias a Pontevedra”.
Preestrea galega de Millennial Mal
Despois de pasar polo Festival de Málaga, contaremos coa preestrea galega da serie Millennial Mal coa presencia da súa creadora e protagonista Lorena Iglesias.
Rajando con… BIMBOFICADAS
Bimboficadas é un podcast presentado por Samantha Hudson, cantante e icona da Xeración Z, e María Barrier, xornalista e actriz. Son amigas dende o seu primeiro día de instituto e agora propuxéronse conquistar o mundo do audio con este carismático proxecto que analiza con humor temas controvertidos, actualidade e cuestións políticas e sociais.
Scroll, scroll, STOP. As novas regras da divulgación
Cada vez é mais difícil facerse escoitar en internet. Entre a superpoboación das plataformas, os algoritmos enrevesados, os bots e a IA, semella casi imposible atopar contido de calidade, feito por persoas e ben comunicado. No medio deste caos, destacan algunhas creadoras de contido especialmente hábiles, que conseguen trasladar a información da que son especialistas, cunha identidade única.
Internet chiquito
Aínda que sempre fomos INTERNET LOVERS, hai un internet que segue sen gustarnos. Aquel máis escuro, hostil ou violento, que afecta directamente á saúde mental e á participación nas redes. E iso fai que moita xente abandone os espazos que ocupa pola súa transformación.
SECCIÓN OFICIAL. BLOQUE 3
Buried
88
Not big Deal
Ruby
Rock Bottom
THE STRUGGLE FOR EXISTENCE S2
I’ll see you in my dreams. Twin Peaks
Este ano, o festival contará cun debate en directo entre Estela Ortiz e Juan Evaristo Valls Boix, no que analizarán a serie “Twin Peaks”.
PLOT TWINS. Duplicadas por guion
O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se convida a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais embebibles que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. Porque as lembranzas son fragmentos dun arquivo vivo que estamos producindo e reinterpretando constantemente.
Pop y Muerte
Un dos podcasts que se poderán escoitar en directo nesta edición é Pop y Muerte, un proxecto sobre cultura popular vai xa pola sua quinta tempada. Kiko Amat (1971) e Benja Villegas (1982) coñecéronse na radio hai cinco anos, E non deixaron de falar dende aquela. Podcasters innatos, a estes dous fillos da periferia barcelonesa úneos o amor pola subcultura, o punk rock, a nerdidade non-xelatinosa e os trapos de calidade.
Pantis en concerto
Pantis presenta o seu segundo disco, memoria nova (2025), unha panorámica con fronteiras difusas entre o vivido, o intuido e os puntos cegos do non presenciado.
Entrega de premios
A entrega de premios desta edición estará presentada por Lorena Iglesias, unha amiga do festival. Na edición online do 2020 atreveuse a facer o seu show Necroshow totalmente online pero “en directo” e tamén participou na mesa de “Tías graciosas, un repaso polas barricadas da comedia feminina”. Voltou no 2021 como membro do xurado e para facer -xa por fin en vivo- un show ad hoc chamado Pochosfera: momentos penosos de internet. E agora volta para presentar Millennial Mal, a serie da que é creadora e de paso xa a liamos para presentar os premios do festival.
Monkey Mambo Club sesión vermú
Os rapaces de Monkey Mambo tocan todo tipo de estilos, dende os anos 50 e 60 en diante. Céntranse principalmente na música negra, R&B, Black Rockers, Early soul y Boogaloo pero también Exótica, Beat, Garaje, Surf, Psicodelia, además de Power Pop, Punk 77′ e, por suposto, un pouco de ye-ye.























