Xoves 4 de abril

Mercado de Carballo

12:30

O Interplay xunta nesta edición a dúas das creadoras máis relevantes do noso ecosistema dixital para que se midan nunha videoregueifa co que elas consideran unha selección dos mellores vídeos da internet. Ambos equipos proxectarán os seus vídeos de forma alternada, coma se fose un combate por asaltos. Quen gañará esta loita vídeo a vídeo entre Sara Seco e Malva?

Sara Seco. Naceu en Valga e vive en Santiago. Aínda que estudou Ciencia Política e traballa na Mesa pola Normalización Lingüística, seguramente a coñezas como a dos vlogs no TikTok ou, mais recentemente, como a nai de Yeison.

Instagram: @sarasecorial | Twitter: @sarasecorial | Tiktok: @sarasecorial

Malva. Podcasteira, escritora, persoa que pasa moito tempo en Twitter. Antes facía Tiktoks, ás veces está por Youtube. Persoa de redes, sempre en galego.

Instagram: @todomal.va | Twitter: @todomalva | Tiktok: @todomal.va