A resposta parece fácil: pon vídeos de xente caendo, de bebés ou de gatos ou cans facendo cousas absurdas. Nunca poderemos competir contra iso. Pero máis alá do que antes se chamaban “vídeos de primera” hai todo un xénero que vive en internet unha idade de ouro: a comedia. E se hai alguén a quen non lle preste o humor sempre temos o post-humor. Algúns dos seus mellores representantes estarán este ano en Carballo.
Así que imos facer un coloquio informal con eles: Venga Monjas, Burnin Percebes e David Sainz e Teresa Segura de Different Entertainment (Malviviendo) contarannos como fan para facer rir, moderados por Paula Hernández, unha das persoas que máis saben de webseries en España, que nos acompañará como xurado durante todo o festival.
Paula preguntaralles aos nosos convidados cal é a diferenza entre facer rir en internet e facelo noutros medios. Cambia moito a audiencia? Contarannos tamén cales son os seus referentes da comedia na web, para ben e para mal, e como leva sido a súa experiencia producindo webseries de humor para a rede.
Aínda que estudou Comunicación Audiovisual, Paula Hernández traballa de xornalista, que é o que lle leva a idea,, e investiga webseries. Empezou a súa carreira investigadora no Observatorio Internacional de Televisión dirixido por Lorenzo Vilches, cunha tesiña sobre ficción para internet que se centraba nas webseries, e abriu un blog que foi pioneiro no tema, Enawebseriada.com. Grazas a el ten dado a vuelta a España facendo conferencias, participando en festivais e debatendo en mesas redondas sobre o presente e o futuro das webseries. Tivo o seu propio programa de radio e viviu uns meses nos Estados Unidos investigando sobre ficción seriada para internet na City University of New York. Na actualidade traballa para o coñecido portal sobre televisión Vertele.
Comentarios recentes