Xoves 9 de setembro de 17h00 a 20h00
Pazo da Cultura de Carballo
20 prazas / 20 €

Creación de contido dixital. Como comunicar para as xeracións Y e Z?

Nun entorno online que ás veces cae na saturación, a infoxicación e o nacemento constante de novas canles de comunicación, como podemos facer chegar a nosa mensaxe ás xeracións máis novas? Se algo define o xeito de moverse as xeracións Y e Z na rede é o posicionamento fronte a temáticas sociais de xeito activo e creativo, como parte desa internet na que cremos para mudar o mundo. Pero, sabemos algo máis deses millennials e centennials aos que nos queremos dirixir? Cales son os seus principais rasgos de identidade? Cal é o xeito máis eficaz de chegar a eles a través das mensaxes e o contido?

Na primeira parte do workshop poranse a teoría e os ingredientes técnicos sobre a mesa para, nunha segunda parte, poder converter as ideas en contidos e formatos concretos poñendo en práctica as variables explicadas.

É recomendable que os/as participantes traian un computador portátil ou algún soporte no que poder escribir.

O prazo de inscrición é ata o 23 de agosto.



Freeda

Desde un medio como Freeda, 100% dixital, que crea contido pensado para ser consumido nas redes sociais, exploran cada día as claves da comunicación en liña como creadores de contido. A liña editorial de Freeda mantense na súa misión e valores (promover os logros das mulleres, inspirar o seu estilo persoal, fomentar a sororidade…) pero integra as tendencias continuas da sociedade representada no público máis novo os millennials e xeración z. Na actualidade contan en España cunha comunidade de 3 millóns de seguidores.


Raquel García Trigueros (Directora de contidos e marketing). 

Suma máis de 20 anos de experiencia en medios de comunicación. É licenciada en Socioloxía, MBA empresas de TV, 18 anos de experiencia no sector televisivo en diferentes televisións privadas (Antena 3, Mediaset, Cuatro e Dixital+ e Publiespaña), con distintos roles en marketing de contidos, programación editorial, marketing en apoio á venda comercial, desenvolvemento estratéxico do sector televisivo e a súa dixitalización.

“A miña máxima aprendizaxe en Freeda é aceptar que estamos inmersos nunha continua evolución e temos que ser capaces de cambiar en movemento. Ou abres a túa mente e loitas por adaptarte sobre a marcha ou será moi difícil como profesional sobrevivir ante tanta disrupción. Nada do que hoxe funciona ten que asegurar o éxito no futuro, traballamos continuamente desde o dinamismo, a apertura mental e a capacidade de adaptación”.

Clara Amechazurra Falagán (Directora de contido)

Feminista e xornalista, nesa orde. Desenvolveu case toda a súa carreira en televisión, en medios como Cuatro, Televisión Española e Mediapro, aínda que pasou por medios escritos e dixitais tamén. En Freeda atopou o lugar no que poder dar voz a todas esas mulleres e colectivos que xeralmente non vemos representados pero que nin moito menos son minoritarios. Cre nun xornalismo accesible e sempre desde unha perspectiva de xénero e interseccional.