Día: sábado 9 de abril
Hora: 10 a 14 horas
Lugar: Salón de Actos Pazo de Cultura
Coste: 24 euros
Número de prazas: 20



A partir do día 28 de marzo poñerémonos en contacto contigo para formalizar o pago e a túa praza. 


SOBRE O OBRADOIRO

O consumo de podcasts disparouse en España nos últimos meses, converténdose nun espazo non só de entretemento e difusión, senón tamén de ficción. Neste obradoiro Manuel Bartual amosará o proceso de creación dos seus podcasts Biotopía e Santuario, veremos que tipo de ficcións podemos abordar en formato audio e como desenvolver a nosa propia ficción sonora cos medios que temos ao noso alcance.

MANUEL BARTUAL

Manuel Bartual dirixiu unha ducia de curtametraxes e unha longametraxe (Todos tus secretos, Premio CANAL+ á Mellor Película no Festival de Málaga), debuxou cómics (El Jueves), escribiu para El País e en Twitter. Unha das historias que publicou nesta plataforma converteuse nun trending topic mundial, sendo lida por centos de miles de persoas. Tamén escribiu a novela El Otro Manuel (Planeta, 2018), creou e dirixiu xunto con Modesto García o reality show #ElGranSecuestro (RTVE, 2019) e as series de ficción sonora Biotopía (Podium Podcast, 2020) e Santuario (Audible, 2021), creado e escrito xunto con Carmen Pacheco.

SOBRE BIOTOPIA

Biotopia é a historia dunha comunidade científica na que o tempo, a materia e o espazo funcionan dun xeito estraño. Trátase dunha serie de ficción en formato podcast escrita e dirixida por Manuel Bartual, e protagonizada por Nikki García, Xabi Tolosa, Ingrid García Jonsson, David Pareja, Paula Púa ou Valeria Ros, entre outros. A súa historia esténdese máis alá do propio podcast a través da web, das redes sociais e do boletín Biotopía, dando forma a un universo transmedia que combina ciencia ficción coa comedia. Despois dunha primeira tempada autoproducida en 2020, a súa segunda tempada chegou en 2021 coa produción de Podium Podcast.